Inicio

Tamaño letra

A+ | A- | Reset

Usuarios

Ads by Google

Juego al azar

  Player  Score 
1.vosegus41
2.armadamaister24
3.anxo14

Recomendamos

Webs útiles Webs útiles

Deja tu mensaje


Nombre

URL o Email

Mensaje (Smilies)


Escriben

admin (124 art.)
Antonio (36 art.)
anxo (10 art.)
El enterrador (4 art.)
gelines (30 art.)
san benito (1 art.)
Thor (3 art.)
Xiri (5 art.)

Total usuarios

252 registrados
1 hoy
13 esta semana
15 este mes
Ultimo: Emm_Templeton3be

Sindicaciones

Webs amigas

 


Google
Regístrate y envía artículos,  noticias, anuncios, fotos... Colabora enviando cualquier evento que te interese dar a conocer a la comunidad.


Programa de incentivos á contratación indefinida das mulleres PDF Imprimir E-Mail
Comparte:
Chuza
Menéame
Wikio
Hazmereir
Promotingblogs
escrito por gelines   
18/04/08

Programa de incentivos á contratación indefinida das mulleres como medida para lograr un mercado de traballo igualitario, cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

As axudas solicitaranse nos dous meses seguintes á data en que se inicie a relación laboral ou se produza a transformación do contrato temporal en indefinido.


Organismo: Consellería de Traballo

 

Beneficiarios:  Poderán ser beneficiarios das axudas previstas nesta orde as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos autónomos, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten por conta allea traballadoras pertencentes aos colectivos relacionados no artigo 3º para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para os distintos tipos de axudas e non incorran nas circunstancias previstas nos puntos 2º e 3º do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Non poderán ser beneficiarios destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.

 

Colectivo beneficiario: Mulleres maiores de 31 anos en que concurra algunha das seguintes circunstancias:

a) Mulleres desempregadas de longa duración: toda muller que estivese sen traballo 12 dos anteriores 16 meses, ou durante 6 meses dos anteriores 8, se fose maior de 45 anos.

b) Mulleres desempregadas titulares de familias monoparentais que teñan cargas familiares ou desempregadas de unidades familiares nas cales ningún dos seus membros en idade laboral obteña rendas de calquera natureza superiores ao 75% do IPREM vixente no momento da solicitude.

c) Mulleres desempregadas, cando se contraten para prestar servizos en profesións ou ocupacións en que estean subrepresentadas segundo a orde do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais do 16 de setembro de 1998 (BOE do 29 de setembro) para o fomento do emprego estable de mulleres nas profesións e ocupacións con menor índice de emprego feminino.

d) Mulleres desempregadas que se reincorporen ao mercado de traballo tras unha ausencia prolongada dun mínimo de dous anos.

e) Mulleres desempregadas que sexan contratadas nos 24 meses seguintes á data do parto.

f) Mulleres desempregadas demandantes de primeiro emprego.

g) Mulleres demandantes de emprego que rematen o seu itinerario personalizado de inserción nunha ocupación e sexan contratadas nela.

h) Mulleres emigrantes retornadas.

i) Mulleres desempregadas que non estean incluídas en ningún dos colectivos anteriores.

 

Tipos de axudas:

a) Axudas ás contratacións indefinidas iniciais, a tempo completo e a tempo parcial, que se realicen con traballadoras desempregadas que estean inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego no momento da contratación, pertencentes a algún dos colectivos relacionados no artigo 3º desta orde.

b) Axudas ás transformacións en indefinidos de contratos para a formación, en prácticas, de revezamento, de substitución por anticipación da idade de xubilación e de interinidade, calquera que sexa a data da súa celebración, sempre que no momento da contratación temporal a muller fose maior de 31 anos de idade.

 

Contía das axudas:

- As contratacións indefinidas iniciais, a xornada completa ou a tempo parcial, incluídos os fixos-descontinuos, incentivaranse cunha axuda de 7.500 euros, cando a muller contratada pertenza a algún dos colectivos beneficiarios indicados no apartado anterior.

- As contratacións indefinidas iniciais, a xornada completa ou a tempo parcial, incluídos os fixos-descontinuos realizadas con mulleres desempregadas maiores de 31 anos que non estean incluídas en ningún dos colectivos anteriores, incentivaranse cunha axuda de 2.000 euros. Cando as ditas mulleres procedan de empresas en crise, as contratacións incentivaranse cunha axuda de 7.500 euros.

- As transformacións en indefinidos dos contratos temporais que reúnan os requisitos e condicións establecidos nos artigos 4º e 5º da orde de axudas, incentivaranse

cunha contía de 3.000 euros.

- Cando se trate de contratacións a tempo parcial, a contía dos incentivos establecidos nos puntos anteriores serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria legal.

 

Prazo de presentación de solicitudes: O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 15 de setembro de 2008, aínda que nesa data non transcorresen dous meses desde a celebración do contrato obxecto de subvención.

As solicitudes de axudas polas contratacións indefinidas iniciais de mulleres desempregadas pertencentes ao colectivo beneficiario indicado e polas transformacións en indefinidos de contratos temporais, que reúnan os requisitos e condicións establecidos nos artigos 4º e 5º da orde de axudas, realizadas dende o 16 de setembro do 2007 e ata a data da publicación da presente orde, poderán presentarse ata o 31 de maio de 2008.

 

Presentación de solicitudes:

 As solicitudes de subvención dirixiranse:

- Á Delegación Provincial da Consellería de Traballo (Rúa Fernando Macías, 18-20, 1º 15071 A Coruña) cando a contratación se realice para prestar servizos en centros de traballo radicado na respectiva provincia.

- Ao director xeral de Promoción do Emprego (Complexo Administrativo San Lázaro, s/n 15781 Santiago de Compostela) cando as contratacións se realicen para prestar servizos en centros de traballo radicados en varias provincias ou no suposto de que a solicitude se realice pola contratación de 30 ou máis traballadoras.

Asimesmo, as solicitudes presentaránse nos rexistros das respectivas delegacións provinciais ou, se é o caso, na Dirección Xeral de Promoción do Emprego da Consellería de Traballo, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das

administracións públicas e do procedemento administrativo común.

 

Publicación: DOG Nº 73, Mércores 16 de abril de 2008 (http://www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/61bd2b3d771fd087c125742c0076c2cf/$FILE/07300D008P035.PDF)

 

Máis información: Delegación Provincial da Consellería de Traballo na Coruña (Rúa Fernando Macías, 18-20, 1º Tel.: 981 185 978 - Fax: 981 185 981)

Solicitudes e os anexos deste programa están dispoñibles na páxina web da Consellería de Traballo: http://traballo.xunta.es


Fonte da nova Concello de Cambre.



Votar favorito (87) | Visto: 2883

Comentarios
RSS de los comentarios

Escribir Comentario
  • Por favor, mantenga el tópico de los mensajes en relevancia con el tema del artículo.
  • Lenguaje inapropiado será borrado.
  • Por favor, no use los comentarios para promocionar su sitio, ese tipo de mensajes serán removidos.
  • Aségurse de *Recargar* la página para mostrar un nuevo código de seguridad antes de cliquear 'Enviar', en caso de haber ingresado un código incorrecto.
Nombre:
E-mail
Sitio Web
Título:
Comentario:



Código:* Code
Deseo ser informado por correo de los comentarios a esta noticia

Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6

 
< Anterior

Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
  by Boboras. Licencia Creative Commons