Foros | Ofertas de empleo |
Webs útiles |
| admin (124 art.) | |
| Antonio (36 art.) | |
| anxo (10 art.) | |
| El enterrador (4 art.) | |
| gelines (30 art.) | |
| san benito (1 art.) | |
| Thor (3 art.) | |
| Xiri (5 art.) |
| O CONCELLO DE MELIDE HOMENAXEA AOS SEIS DEPORTISTAS DE KICKBOXING MEDALLISTAS NO CAMPIONATO DE ESPAÑ |
|
|
|
| escrito por Antonio | ||||||
| 24/03/08 | ||||||
Esta tarde celebrouse unha recepción oficial no Concello na que participaron os deportistas das escolas melidenses que acadaron dúas medallas de ouro e catro de bronce coa Selección Galega.O goberno municipal de Melide rendeu unha homenaxe esta tarde aos seis deportistas de Melide que a comezos deste mes acadaron medalla no Campionato de España de Kickboxing, celebrado na localidade madrileña de Alcorcón, para as modalidades de semicontact e formas. Integrados na Selección Galega desta modalidade deportiva, competiron seis deportistas das escolas F.K. Melide e Escola Ayude, ámbalas dúas adestradas por José Manuel López Ayude, posto que o sétimo deportistas que viaxou coa escola non puido competir por un problema de peso. No Campionato de España, os melidenses acadaron dúas medallas de ouro, as dos irmáns Cora e Aron López Pallas, que competían nas categorías de entre 11 e 13 anos e de 8 e 10 anos respectivamente. Amais destas medallas, o deporte de Melide acadou tamén catro medallas de bronce. Os deportistas que fixeron posible esta nova marca do kickboxing da zona foron Bruno Agra García (11 a 13 anos), Pedro López Costa (11 a 13 anos), Gonzalo Paredes Bruces (14 a 16 anos), e José Antonio Sánchez Conde, na categoría de máis de dezasete anos. Todos eles, xunto co árbitro e o seu adestrador e tamén seleccionador da Selección Galega, José Manuel López Ayude, asistiron esta tarde a unha recepción ofrecida polo Concello de Melide, na que participaron tamén o concelleiro de Deportes, Antonio Varela; o primeiro tenente de alcaldesa, Manuel Prado Puga; o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Antonio Díaz Rodríguez, e o concelleiro Santos López en representación do Partido Popular. Durante este acto, a alcaldesa de Melide, Socorro Cea, fíxolle entrega aos deportistas e tamén ao seu adestrador, duns detalles simbólicos por parte do Concello, con motivo das marcas acadadas, e “como agradecemento ao que supoñen estes éxitos para o deporte de Melide”. Socorro Cea ofreceu “o noso apoio aos deportes minoritarios, posto que é deber do Concello divulgar e pór en valor o esforzo destes deportistas para que todos os melidenses se poidan sentir orgullosos, pois detrás dun gran triunfo hai sempre moitas horas de esforzo e adestramento”. Por parte da Escola Ayude, o adestrador dos campións, José Manuel López, agradeceu os parabéns do goberno local e fixo un chamamento para que este recoñecemento se poida plasmar tamén en colaboracións futuras. O adestrador destacou a capacidade de esforzo dos deportistas de kickboxing, por tratarse dunha modalidade individual na que é preciso combinar esforzo físico e mental. O kickboxing é unha modalidade deportiva encadrada dentro dos chamados deportes de contacto, que abrangue distintas especialidades, como formas, o semicontact ou o fullcontact. A escola Ayude de Melide participou neste Campionato de España con sete alumnos, aínda que finalmente só puideron competir seis; os seis que trouxeron para Melide dúas medallas de ouro e catro de bronce. Fonte concello de Melide Votar favorito (92) | Visto: 3395
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
by Boboras. Licencia Creative Commons