|
Melide abre o prazo para a participación de 20 mozos nun campamento de verán do Porto do Son |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
11/06/08 |
Durante a primeira quincena de agosto 20 rapaces e rapazas do Concello de Melide participarán nun campamento de verán en Porto do Son. As instalacións que acollerán ao grupo de Melide serán as do Campamento Xuvenil Virxe de Loreto, onde vinte rapaces de entre 14 e 16 anos pasarán estes quince días. O prazo para formalizar a inscrición remata o vindeiro luns, 16 de xuño.
O Concello de Melide solicitou á Dirección Xeral de Xuventude a participación nestes circuítos de campamentos de verán para a xente nova. Grazas á colaboración entre o Concello e este departamento da Vicepresidencia, os rapaces e rapazas que participen neste campamento farano de xeito totalmente gratuíto, e tendo incluído o aloxamento en réxime de pensión completa. O custe da actividade correrá a cargo do Concello de Melide. O Departamento de Cultura melidense estase a encargar da inscrición de todos os/as interesados/as en participar nesta actividade de lecer. Fonte: nota de prensa concello de Melide
Votar favorito (63) | Visto: 2392
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |